O turismo está a cambiar a un ritmo vertixinoso. A transformación dixital, a IA, os desafíos ambientais e a demanda de experiencias auténticas esixen novas formas de crecemento, máis sostibles e respectuosas. No foro «Turismo responsable. crecemento sostible», reuniranse os principais expertos do sector para explorar como afrontar estes retos de maneira innovadora e inclusiva.
Nun escenario único e ao longo dunha xornada, poderás inspirarte con dúas conferencias innovadoras e catro mesas redondas onde se compartirán experiencias reais e casos de éxito.
Inscríbete agora e sé parte da transformación!
Vigo, 3 de abril de 2025. De 9.30 a 19.00 horas.
Hotel Attica. Avenida de Samil, 15
Divulgador e Youtuber IA
En tan só un ano e medio Jon converteuse nun referente da divulgación sobre Intelixencia Artificial, na súa canle de YouTube @la_inteligencia_artificial, con mais de 8 millóns de reproducións.
Presidente de ACHM Hotels by Marriott
Fundador da compañía, leva toda unha vida dedicada ao sector hoteleiro. Con 29 anos abriu o seu primeiro hotel en Pamplona e en 1998 pon en marcha o que é o proxecto da súa vida, AC Hoteles. En 2011 consegue unha proxección internacional coa alianza con Marriott International, o grupo hoteleiro máis importante do mundo.
Secretario xeral de Hostelería de España
Vinculado hai máis de 25 anos á Confederación Empresarial de Hostelería de España, única organización empresarial que representa a nivel estatal a máis de 300.000 establecementos, que representa unha facturación de preto de 112.000 millóns de euros e empregan a 1,32 millóns de traballadores.
Directora do departamento de Turismo de CEOE
A súa traxectoria profesional está vinculada ao sector turístico. Incorporouse á Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) en 2021 desde o Grupo Iberostar e con anterioridade estivo ligada á organizacións empresariais hoteleiras.
Secretario xeral de CEHAT
Ligado á Confederación Española de Hoteles y Alojamientos Turísticos, CEHAT, desde 2004, Estalella representa a máis de 16.000 establecementos, cun total de 1.800.000 prazas que emprega 500.000 persoas de forma directa e indirecta.
CIFP Carlos Oroza
Profesor de cociña e pastelaría no centro de formación profesional CIFP Carlos Oroza, Ricardo Fernández é docente por vocación. Tamén é coñecido pola súa actividade en X ou Instagram onde aproveita para comunicarse coa mocidade.